A Xunta colabora coa segunda edición da concentración moteira "Sarria Bikers"

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación da cita, que congregará a máis de 300 motoristas esta fin de semana na localidade

Sarria (Lugo), 9 de maio de 2024

A Xunta colabora coa segunda edición da concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers, que reunirá esta fin de semana a máis de 300 motoristas na localidade. Os inscritos proceden de toda Galicia e doutras comunidades como Asturias, Castela e León ou País Vasco, ademais de Portugal.

 

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Sarria na presentación das actividades previstas, que comezan mañá venres – 10 de maio – e prolongaranse ata o domingo. Arias felicitou á organización por darlle continuidade a unha iniciativa “que atrae a afeccionados ás motos de moitos lugares de España, o que supón unha importante promoción para toda a zona e ten un impacto positivo na economía local”.

 

A organización deseñou un programa amplo no que destacan as rutas moteiras que se desenvolverán o sábado e o domingo, unha exhibición o sábado ás 18,30 horas no campo da Ribela a cargo de Jaque Nh-Pina Stunt Team (gratuíta para os inscritos na concentración) e diferentes actuacións musicais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024