A Xunta apoia a cuarta edición do Festival Espírito Ribeiro como escaparate de promoción do viño e outros produtos locais

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos. Entre os diversos temas de interese para ambas administracións que abordaron no transcurso do encontro, a titular do Medio Rural avanzou que o Goberno galego colaborará de novo co Festival Espírito Ribeiro, configurado como un escaparate idóneo para a promoción do viño galego e outros produtos locais.

 

Este evento celébrase nos concellos ourensáns de Castrelo de Miño, Cenlle e A Arnoia. Xornadas destas características facilitan o acceso de produtores a un espazo expositivo dos seus produtos e favorecen os circuítos curtos de comercialización.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024