Lopez Campos visita o concello do Porriño para coñecer as necesidades en materia de cultura e xuventude

O Porriño (Pontevedra), 9 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe o concello do Porriño, onde mantivo un encontro co rexedor, Manuel Alejandro Lorenzo, para coñecer de primeira man as necesidades en materia de cultura e xuventude deste municipio. A xuntanza enmárcase na rolda de contactos que o responsable autonómico de Cultura ten en marcha para estreitar a colaboración entre a Xunta de Galicia e as institucións municipais.

 

Nesta ocasión, o representante do Goberno galego e o alcalde analizaron diferentes temas culturais de interese para este municipio como é a celebración do Festival de Cans, que se porá en marcha o 21 de maio, ou a programación do 150 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés Antonio Palacios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024