Martina Aneiros destaca a formación e a colaboración como claves da capacidade de resposta da Xunta ante os ciberataques

A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta tarde na apertura da xornada ‘Resgardando o futuro dixital das pemes de Ferrolterra: estratexias clave de ciberseguridade para o éxito empresarial’, organizadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra

Ferrol, 9 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na apertura da  xornada Resgardando o futuro dixital das pemes de Ferrolterra: estratexias clave de ciberseguridade para o éxito empresaria, organizadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) Ferrolterra, onde destacou a capacidade de resposta da Administración autonómica nesta materia. Unha capacidade que, sinalou, “radica nun bo adestramento e formación do persoal empregado público e nunha visión estratéxica fundamentada na colaboración”.

Na súa intervención, Aneiros enumerou os recursos e información que a Xunta ten a disposición das empresas nesta materia, dispoñibles a través do portal ciberseguridade.gal e animou aos participantes no evento a facer uso das mesmas e seguir formándose a través da programación dispoñible no centro Gaistech e na Rede de Aulas Cemit.

Na charla, impartida polo CEO da empresa 2ksystems, Pablo Rivera, tomaron parte unha decena de persoas, entre autónomos e pequenos empresarios. Esta acción formativa intégrase na programación gratuíta que a entidade oferta anualmente aos seus asociados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024