Villares destaca a importancia de traballar no reforzo dos lazos pesqueiros de Galicia con Arxentina

Redondela (Pontevedra), 9 de maio de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, resaltou o reforzo das relacións económicas no ámbito pesqueiro entre Galicia e Arxentina tras a viaxe institucional ao país suramericano. Así o dixo durante unha visita ás instalacións das empresas Puerto Vieira e Copemar no concello pontevedrés de Redondela onde subliñou que é esencial que todas as administracións traballen no mesmo sentido, coidando os canles de comunicación entre ambos estados en beneficio dos intereses compartidos a ambos lados do Atlántico. Nesta liña indicou aos responsables de ambas compañías o firme compromiso do Goberno galego de seguir traballando en colaboración estreita co conxunto da cadea mar-industria para que a actividade pesqueira poda desenvolverse nos diferentes mercados coas máximas garantías xurídicas e de estabilidade institucional.

As instalacións frigoríficas do Grupo SA Eduardo Vieira prestan servizos de descarga e refrixeración a terceiros. Esta compañía captura directamente o peixe cos seus propios barcos, conxelándoo a bordo e cumprindo os parámetros de calidade do procesado que xa nas súas factorías en terra reprocesan para a súa posterior distribución e comercialización.

Esta empresa extende a súa presenza, ademais de en España, noutros países como Senegal ou Arxentina e pechou o pasado exercicio fiscal con ventas que superaron os 45 millóns de euros alcanzando as preto de 11.000 toneladas comercializadas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024