Diego Calvo asistiu en Noia á final da XXXII Copa Galicia masculina de fútbol sala

Noia (A Coruña), 17 de maio de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe en Noia á final da XXXII Copa Galicia masculina de fútbol sala entre o Noia Portus Apostoli e o Parrulo Ferrol, na que se impuxo o equipo local, conseguindo o título por terceiro ano consecutivo. No descanso do encontro o conselleiro participou na entrega de trofeos a diversas categorías do Noia.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2024