O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no reparto de froitas e hortalizas do fondo galego de garantía agraria ao Banco de Alimentos

Manuel Pardo explicou que nesta quenda distribuiranse 10.000 kg de albaricoque e outros 10.000 kg de paraguaios, platerina e pexego

Esta iniciativa lévase a cabo a través das Organizacións de Produtores de Froitas e hortalizas de España (OPFH) e destínanse a organizacións que favorecen a inclusión social, que á súa vez son as encargadas de distribuílas entre as súas entidades asociadas

Ourense, 21 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, trasladouse esta mañá ao Banco de Alimentos para participar no reparto de froitas e hortalizas do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

O delegado territorial explicou que nesta quenda distribuiranse 10.000 kg de albaricoque e outros 10.000 kg de paraguaios, platerina e pexego plano destinado ao Banco de Alimentos procedentes das Organizacións de Produtores de Froitas e hortalizas de España (OPFH); en concreto da empresa murciana Froitas Esther.  

Manuel Pardo relatou que a retirada de froitas e hortalizas é unha medida de intervención de mercados para reducir a oferta e manter os prezos das froita e hortalizas. Esta iniciativa lévase a cabo a través das Organizacións de Produtores de Froitas e hortalizas de España (OPFH) e destínanse a organizacións que favorecen a inclusión social, que á súa vez son as encargadas de distribuílas entre as súas entidades asociadas. 

En Ourense hai dúas organizacións coas que se colabora, o Banco de Alimentos de Ourense e a Fundación San Rosendo. O Banco de alimentos ten 52 entidades benéficas entre parroquias e asociacións. A Fundación San Rosendo dispón de 46 entidades asociadas, que conforman os seus distintos centros e as súas entidades relixiosas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/05/2024