A Xunta colabora na celebración do 50 aniversario da Sociedade de caza, pesca e conservación “Río Chamoso” de Castroverde

Lugo, 23 de maio de 2024

A Xunta de Galicia colabora coa Sociedade de caza, pesca e conservación “Río Chamoso”, de Castroverde, nos actos de conmemoración do seu 50 aniversario, tal e como puxo hoxe de manifesto o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, nunha reunión con representantes da entidade.

A celebración terá lugar o próximo 1 de xuño no Mercado Gandeiro de Castroverde e consistirá nunha comida de confraternidade, con sesión vermú e música pola tarde a cargo da orquestra D’Caché Music.

As persoas interesadas en asistir deben mercar previamente as tarxetas nos bares da localidade e outros puntos autorizados; a data límite para reservar a comida será mañá venres.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/05/2024