A delegada territorial da Xunta en Ferrol mantén un encontro de traballo co alcalde de Cabanas

Cabanas (A Coruña), 23 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Cabanas, Fernando Couce, para coñecer de primeira man as demandas do municipio en relación á Administración autonómica.

Durante a reunión, que se enmarca na rolda de contactos iniciada pola delegada territorial a partir do seu nomeamento o pasado abril, ambos responsables avaliaron tamén as posibles vías de colaboración coa Xunta que contribúan á execución de proxectos municipais no ámbito deportivo e das infraestruturas.

Aneiros lembrou que o Goberno galego mantén un firme compromiso coas administracións locais a través de distintas liñas de axudas, tamén obxecto de análise durante a reunión, e que permitiron o pasado ano o impulso de máis de 600 iniciativas municipais en toda a comunidade autónoma cun investimento de 27,2 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/05/2024