A Xunta participa nunha nova edición de “Lucus in Vino Veritas”, que se celebra o sábado no atrio da Catedral

Lugo, 23 de maio de 2024

A Xunta participa nunha nova edición de Lucus in Vino Veritas, un evento do sector vitivinícola que reunirá 21 adegas este sábado 25 de maio no atrio da Catedral. Os viños da provincia de Lugo terán protagonismo nun espazo expositivo diferenciado para promocionar a súa riqueza e diversidade.

O delegado territorial, Javier Arias, asistiu hoxe á presentación, onde destacou que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, promove varias actividades no marco deste evento.

Así, mañá venres ás 20,00 horas organiza unha cata musical conducida polo experto Juanjo Figueiroa; e o sábado ás 13,00 horas unha cata de augardentes e licores guiada por Sonia Otero, vicepresidenta do Consello Regulador das IXP de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A cita contará con postos para as adegas, catas, un espazo gastronómico con cociñeiros de Lugo, showcookings e actuacións musicais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/05/2024