A Xunta pon en valor a profesionalidade e bo facer dos praceiros no Día do Mercado en Galicia

Ponteareas (Pontevedra), 25 de maio de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, con motivo do Día do Mercado en Galicia e a celebración na Comunidade autónoma da campaña internacional Quere o teu mercado, visitou hoxe a Praza de Abastos de Ponteareas, onde destacou o impulso que a Xunta está a darlle ao comercio de proximidade e ao produto local.

Na iniciativa Quere o teu mercado, que está a impulsar a Xunta en Galicia, están a participar desde onte 900 profesionais e 41 prazas de abastos de toda Galicia con actividades diferentes para promover os mercados e prazas de abastos galegas, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade e bo facer das praceiras e praceiros. En palabras de Alén, a Xunta está a impulsar a diferenciación e identificación das prazas de abastos, a potenciación da actividade comercial e o incremento do seu atractivo e interese turístico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/05/2024