Rueda pon en valor o legado do economista e político Víctor Moro

Ribadeo (Lugo), 13 de agosto de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde no acto de homenaxe ao economista e político Víctor Moro na súa terra natal, Ribadeo, e amosouse “encantado de estar recordando a un grande de España, a un grande de Galicia”.

Rueda salientou a importancia de figuras como Moro, que formou parte da xeración de políticos “que cambiaron a historia do noso país” e puxeron o servizo á terra por riba de calquera outro tipo de interese. Ao mesmo tempo, remarcou o seu papel clave no avance da nosa comunidade, ao ser o primeiro deputado en pedir en sede parlamentaria a Autonomía para Galicia durante a Transición. “Un político dos que desafortunadamente xa van quedando bastantes menos”, concluíu o presidente da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/08/2024