Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Paredes
O lume iniciouse ás 18,55 horas de hoxe e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2024
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Paredes.
O lume iniciouse ás 18,55 horas de hoxe e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 8 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 8 avións e 7 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.