Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Paredes
O lume iniciouse ás 18,55 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 40 hectáreas
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2024
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Paredes, quedou estabilizado ás 2,37 horas desta madrugada.
O lume iniciouse ás 18,55 horas de onte e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 40 ha. Para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 17 axentes, 32 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 8 avións e 7 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.