Os xogadores do Breogán entregan a Villares unha camiseta do torneo internacional de verán e amosan o seu apoio á campaña GALICIA SABE AMAR

Lugo, 6 de setembro de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, recibiu da man dos xogadores do Clube de Baloncesto Breogán unha camiseta do torneo internacional de verán organizado pola entidade deportiva, que decidiu colaborar e amosar o seu apoio á campaña impulsada pola Consellería do Mar, GALICIA SABE AMAR. Proba delo, é que na equipa coa que os xogadores do club lucense disputaron o encontro figura na parte inferior da mesma o slogan do departamento que dirixe o conselleiro mariñao, e co que se pretende por en valor entre a poboación a calidade e sabor dos produtos marítimo-pesqueiros galegos.

Con este xesto, o club da cidade amurallada colabora na difusión e divulgación desta iniciativa da administración autonómica na que tamén se incide nos múltiples beneficios para a saúde que hai detrás do consumo de peixe, marisco e conservas e nas propiedades culinarias destes alimentos. A cita deportiva contou coa participación de tres coñecidos equipos internacionais: o KK Split de Croacia, o FC Porto portugués e o Petro Luanda de Angola. A finais de agosto, o Río Breogán, no seu primeiro encontro de pretempada, disputado en Foz, portou a mesma indumentaria.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/09/2024