A Xunta participa no XXV aniversario da residencia San Martiño, en Nogueira de Ramuín, e na homenaxe ás traballadoras veteranas

Nogueira de Ramuín (Ourense), 11 de setembro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no XXV aniversario da apertura da residencia de maiores San Martiño da Fundación San Rosendo, na parroquia de Luíntra en Nogueira de Ramuín. 

O director xeral sumouse á homenaxe dedicada ás traballadoras que levan máis de 15 anos traballando neste centro, e lembrou o labor que todo o persoal sociosanitario de Galicia desenvolve día a día para o coidado das persoas maiores ou dependentes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/09/2024