A Xunta asiste á 2ª Noite de Embaixadores organizada por A Coruña Convention Bureau para destacar a aposta polo turismo de congresos e exposicións

A Coruña, 12 de setembro de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta tardiña en Expocoruña á 2ª edición da Noite de Embaixadores organizada por A Coruña Convention Bureau co gallo de recoñecer o labor de distintas persoas pola súa promoción na cidade herculina do turismo MICE, isto é, o relacionado con reunións, congresos, feiras ou outros eventos profesionais.

No acto -no que tamén estivo a alcaldesa da Coruña, Inés Rey- o director xeral aproveitou o acto para poñer de relevo Expocoruña non só como referente feiral e turístico e como foco de atracción de visitantes senón tamén, e en consecuencia, como dinamizador socioeconómico tanto da cidade como do conxunto da provincia da Coruña.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2024