Activo un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás
O lume iniciouse hoxe ás 18.47 horas e afecta ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. O lume orixinouse ás 18.47 horas de hoxe venres. Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 4 axentes, 7 brigadas, 1 motobomba, 1 técnico, 7 helicópteros e 3 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.