Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.45 h. de hoxe

Activo tamén un lume no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas, que afecta unha superficie estimada dunhas 20 hectáreas

Continúa activo o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa, que segundo as últimas estimacións afecta en torno a 90 hectáreas; mentres segue estabilizado o que afecta á parroquia de Pentes, que afecta arredor de 200 hectáreas e evoluciona favorablemente

Extinguido o lume do concello ourensán de Laza, parroquia de Trez, que finalmente afectou unha superficie de 68 hectáreas, das cales 50 correspóndense con monte raso e 18 con arborado

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 20.45 horas de hoxe martes.

Activo Cerdedo-Cotobade-Aguasantas

Activo un incendio no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas, dende as 17.19 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de en torno a 20 hectáreas. Polo momento mobilizáronse 8 axentes, 15 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 4 técnicos, 5 helicópteros e 6 avións.

 Activo A Gudiña-Barxa

Segue activo o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa, dende as 00.17 de hoxe martes, que afecta unha superficie provisional de en torno a 90 hectáreas. Polo momento mobilizáronse 9 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 4 técnicos, 8 helicópteros e 8 avións. Ademais, na súa extinción están a colaborar medios terrestres procedentes de Portugal.

Estabilizado A Gudiña-Pentes

Continúa estabilizado, dende as 00.13 horas de hoxe martes, o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 200 hectáreas e evoluciona favorablemente. Para a extinción deste lume mobilizáronse ata o de agora 15 axentes, 26 brigadas, 12 motobombas, 4 pas, 2 técnicos, 10 helicópteros e 8 avións.

Extinguido Laza-Trez

Ás 20.43 horas quedou extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Laza, parroquia de Trez, que se iniciou ás 19.22 horas do domingo. Finalmente, afectou unha superficie de 68 hectáreas, das cales 50 correspóndense con monte raso e 18 con arborado. Na súa extinción traballaron 17 axentes, 33 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 2 técnicos, 8 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 17/09/2024