A Xunta destaca a aposta do III Ecommerce Day pola tranformación dixital das empresas galegas
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe nesta xornada de referencia do comercio e o márketing dixital do Noroeste de España
Pontevedra, 19 de setembro de 2024
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe na III Edición do Ecommerce Day, onde destacou a aposta desta iniciativa pola transformación dixital das empresas galegas.
Neste sentido, a directora xeral, subliñou que este tipo de accións están aliñadas tamén cos instrumentos e ferramentas que a Administración galega pon a disposición das empresas para fomentar o emprendemento dixital, o emprendemento innovador, a internacionalización dixital e a aposta pola dixitalización.
Margarita Ardao, puxo en valor ademais, a posta en marcha este ano da Oficina Económica de Galicia, unha canle única para a entrada das empresas á administración, facilitando información, asesoramento e acompañamento. Trátase en definitiva, de facilitar ao tecido empresarial galego o acceso a unha administración amigable.
O Ecommerce Day é unha xornada de referencia do comercio e márketing dixital do Noroeste de España que busca aportar enfoques novidosos e propostas de valor aos retos aos que se enfronta na actualidade o sector dixital.