Fabiola García celebra o centenario dunha usuaria da residencia pública autonómica de Volta do Castro

A conselleira de Política Social e Igualdade rendeu homenaxe a Mari Carmen Figueira Mariño, en recoñecemento a unha longa vida de esforzo e traballo.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá, na residencia pública autonómica de Volta do Castro, a Mari Carmen Figueira Mariño, usuaria deste centro residencial da Xunta desde 2022 e que cumpre cen anos esta mesma semana. No acto, familiares, persoal do centro, residentes e a conselleira renderon homenaxe a Mari Carmen en recoñecemento a unha longa vida de esforzo e traballo.

A conselleira puido coñecer detalles da vida de Mari Carmen, que naceu en Rianxo,  na parroquia de Asados, o 2 de outubro de 1924. Posteriormente, estivo emigrada en Francia durante unha década e ten unha filla, dous netos e dous bisnetos.

Este sábado, 5 de outubro, a residencia de Volta do Castro acollerá a celebración do 100 aniversario, que incluirá unha misa, unha actuación musical a cargo da Coral Castrosúa e un xantar con familiares e compañeiros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/10/2024