A Xunta colabora coa organización do Rally San Froilán, que se celebrará esta fin de semana en Lugo
2024-10-15
/documents/35297/1471111/Rally+San+Froil%C3%A1n+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 15 de outubro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da edición número 46 do Rally San Froilán, que se celebrará esta fin de semana en Lugo e conta co apoio do Goberno galego a través da Secretaría Xeral para o Deporte.
A competición, que organiza a Escudería Miño, porá o punto final ao Campionato Xunta de Galicia de Rallys, que se vén disputando desde o mes de marzo en distintos puntos da xeografía galega.
O rally lucense suma máis de 150 vehículos inscritos; o percorrido divídese en dúas etapas, o venres e o sábado, e discorrerá por estradas de Lugo, Outeiro de Rei, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria. O parque pechado estará ata o domingo día 20 na avenida de Ramón Ferreiro.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 15/10/2024