A Xunta destaca que unha industria segura será máis produtiva, eficiente e máis competitiva
2024-10-17
/documents/35297/1471117/20241017PDXPEMSeguridadeIndustrial.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 17 de outubro de 2024
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu hoxe á 5ª xornada de Seguridade industrial do sector das minas onde destacou o compromiso da Xunta coa seguridade industrial, pois unha industria máis segura será unha industria máis produtiva, máis eficiente, máis competitiva e máis humana.
Ademais, explicou que a seguridade industrial ten unha triple vertente: o interese público pois está ao servizo da protección das persoas; o interese social xa que beneficia a toda a cidadanía; e o interese económico, pois a mellora e mantemento das instalacións redunda nunha maior vida útil.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 17/10/2024