Ana Ortiz presenta a nova iniciativa do Mercado de Teis con postos de artesanía, obradoiros e concertos

Vigo, 18 de outubro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este venres o Mercado de Teis para presentar unha nova acción divulgativa destinada á dinamización do comercio local. A representante autonómica fixo un percorrido pola praza viguesa xunto ao xerente, Roberto Giráldez, con motivo da posta en marcha da actividadeMercado Cerámico coa que a praza de abastos instalará este sábado 19 de outubro postos de artesanía e celebrará obradoiros e concertos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/10/2024