A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no concello de Cartelle
Trátase de acondicionar a praza para funcionar como área recreativa e de esparexemento, fomentado a actividade social dos veciños
A actuación foi licitada por case 96.000€ e enmárcase nun convenio de colaboración, polo que a Xunta asumirá o 70% do orzamento e o Concello o 30% restando, sumando un orzamento global de 110.000€
Esta intervención impúlsase ao abeiro do Plan Hurbe, programa impulsado pola Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de 12 ofertas de empresas para executar as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no Concello de Cartelle.
Trátase de acondicionar a praza de Picoutiños para funcionar como área recreativa e de esparexemento, fomentado a actividade social e tratando de convertela nun lugar apracible para os veciños, o que redundará na mellora da calidade de vida da poboación.
A intervención, licitada por case 96.000€ enmárcase nun convenio de colaboración entre a Xunta, que asumirá o 70% do orzamento; e o Concello de Cartelle, que achegará o 30% restante, sumando así un orzamento global de 110.000€.
Esta actuación acométese ao abeiro do chamado Plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.