A Xunta estuda novas colaboracións coa Federación Galega de Baloncesto en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse hoxe co presidente da Federación Galega de Baloncesto (Fegaba), Julio Bernárdez, e outros membros da xunta directiva para estudar posibles vías de colaboración en materia de promoción da igualdade e de loita contra a violencia de xénero.

Neste sentido, os responsables do ente federativo expuxeron á conselleira o seu proxecto ‘Social Basket’, para a través deste deporte realizar actuacións nos ámbitos da igualdade, a integración social, a saúde, a formación, a sustentabilidade e a prevención da violencia machista.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/10/2024