Diego Calvo participa no evento 'Brazada solidaria. Móllate pola diabetes' na Coruña

A Coruña, 27 de outubro de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe na Coruña ao evento Brazada solidaria. Móllate pola diabetes, enmarcado no foro Diabetes Evolution organizado polo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e a Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición.

Na súa intervención, o conselleiro incidiu na importancia da práctica deportiva a prol da saúde e, especialmente na prevención da diabetes. Nesta liña, Diego Calvo referiuse á aposta da Xunta por impulsar a actividade física ao longo de toda a vida, con programas como Xogade, dirixido á poboación escolar, ou Adestra a túa saúde, destinado a maiores de 60 anos. 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2024