A Xunta inicia unha formación de prevención de riscos laborais no sector da construción para persoas en situación de vulnerabilidade

Este curso desenvólvese no concello de Carballo e ten unha duración de 100 horas

Carballo (A Coruña), 28 de outubro de 2024

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, desenvolve un curso de Prevención de Riscos Laborais orientado a persoas en risco de exclusión da contorna de Carballo. O obxectivo é proporcionar aos participantes de coñecementos necesarios para a prevención e seguridade durante o desenvolvemento das súas tarefas.

As accións formativas están orientadas ó sector da construción, especificamente a albaneis e operarios de carretilla elevadora.  Ao igual que no resto de cursos, o itinerario foi deseñado polos Equipos comarcais de inclusión social do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co obxectivo de mellorar as expectativas laborais das persoas en situación de vulnerabilidade e dotalas de coñecementos para acceder ao mercado laboral.

A formación desenvólvese dende o 23 de outubro e rematará o 20 de novembro, nela abórdanse recursos teóricos e prácticos  para a prevención de riscos laborais. Trátase dun curso cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/10/2024