A Xunta destaca as iniciativas interxeracionais que promoven actividades conxuntas para nenos e maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria participou nas actividades que realizan os usuarios do centro de día da Rúa con alumnos de infantil do colexio Pablo VI

A Rúa (Ourense), 29 de outubro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, avalou positivamente as iniciativas que promoven que maiores e cativos compartan tempo xuntos para promover a interacción e o entendemento entre xeracións. Así o trasladou durante as xornadas interxeracionais que se celebran no colexio de infantil Pablo VI e nas que participan usuarios do centro de día da localidade.

Estas actividades están orientadas a fomentar a creación de lazos entre xeracións e aprender valores esenciais como a escoita ou a paciencia. Estas xornadas van desenvolverse ao longo do curso con varios encontros nos que van poder realizar actividades conxuntas como a plantación dunha horta, asistir a contacontos ou participar en xogos de mesa adaptados.

Data de actualización: 29/10/2024