A Xunta inicia este martes as obras de rehabilitación do firme na estrada LU-933 en Monforte de Lemos
Intervirase na mellora de 1000 metros lineais de calzada, entre os puntos quilométricos 0 e 1+090, tramo coincidente coas rúa Chantada e a Avenida Galicia.
Esta intervención ten un investimento que rolda os 52.000 euros e ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e a comodidade de rodadura dos usuarios da vía
Durante a execución das obras está previsto a habilitación de carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando sexa necesario
A Xunta segue traballando na mellora das estradas autonómicas co fin de reforzar a seguridade viaria e proporcionarlles aos cidadáns unhas vías eficientes e cómoda
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas iniciará mañá, martes día 12, as obras de rehabilitación do firmen na estrada LU-933, no concello de Monforte.
Esta actuación, que suporá un investimento que rolda os 52.000 euros, abarca unha mellora de 1000 metros lineais de calzada, entre os puntos quilométricos 0 e 1+090, tramo coincidente coas rúa Chantada e a Avenida Galicia.
As actuación que se levarán a cabo con medios propios de conservación de estradas da Xunta ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e a comodidade de rodadura dos usuarios deste vía.
Así, a obras obxecto desta intervención, consistirán no fresado localizado do pavimento existente e reposición con formigón bituminoso, para aquelas zonas onde, mediante unha inspección visual, constatouse a presenza de roturas puntuais e fisuras na capa de rodadura; así como zonas deformadas debido a asentamentos producidos en gabias de redes de servizos.
A actuación terá o ancho do carril completo e completarase mediante o pintado da sinalización horizontal na totalidade do tramo afectado polas obras.
Durante a execución das obras está previsto a habilitación de carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando sexa necesario, ante posibles interrupcións do tráfico durante as mesmas.
O departamento que dirixe María M. Allegue continúa traballando na mellora das estradas autonómicas co fin de reforzar a seguridade viaria e proporcionarlles aos cidadáns unhas vías eficientes e cómodas.