A Xunta aborda a situación da AP-9 con empresarios transportistas e usuarios en Galicia

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, reuniuse hoxe coa CEG, Fegatramer, Apetamcor e En Colectivo, aos que informou da actualización realizada pola Xunta no informe respecto á transferencia e rescate da AP-9

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2026

A Xunta aborda a situación da AP-9 con representantes empresariais, do transporte e dos usuarios. A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, mantivo unha reunión co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites; da Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer), Ramón Alonso; a directora da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada (Apetamcor), Natalia Blanco; e o voceiro da asociación de usuarios En Colectivo, Diego Maraña.

María Deza trasladoulles que a Xunta realizou unha actualización do informe respecto á transferencia e rescate da AP-9. Sinalou que os datos amosan que o rescate, a transferencia e as bonificacións seguen supoñendo unha contía case equivalente. Tamén manifestou que a reserva presupostaria que tería que facer a Xunta en relación á Lei de Transferencia aprobada incrementaríase ata os 4.000 M€ aproximadamente.

Reiterou que a transferencia da AP-9 debe realizarse á Comunidade Autónoma de Galicia nos termos aprobados polo Parlamento Galego no ano 2024.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/08/2026