Medio Rural pon en valor as agrupacións forestais de xestión conxunta nun encontro sectorial en Valladolid

Valladolid, 12 de novembro de 2024

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, José Luis Chan, participou hoxe no II Encuentro de los propietarios forestales de CyL, organizado pola Federación de Asociaciones Forestales de Castilla y León.

Na súa intervención, Chan centrouse nas agrupacións de propietarios forestais e salientou, en particular, a figura das agrupacións de xestión conxunta, creada pola Xunta e que está tendo un gran éxito no monte galego. Para fomentala, a Consellería do Medio Rural habilitou este ano por primeira vez unha liña de axudas específica, dotada con preto de 2,4 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/11/2024