A Xunta participa no primeiro ‘Encontro de persoas de acollida, adoptadas e ex tuteladas’ que aborda as experiencias persoais de cada menor
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou no I Encontro de persoas de acollida, adoptadas e ex tuteladas que busca crear un espazo de diálogo e reflexión no que cada participante poida contar a súa experiencia. O encontro está organizado pola Coordinadora de Asociaciones de Adopción y Acogimiento (CORA) e pola Asociación Galega de Adopción e Acollemento (Manaia), e conta co apoio económico da Xunta de Galicia.
Jacobo Rey explicou aos participantes como funciona o sistema de protección galego da infancia e a adolescencia. Neste senso, o director xeral trasladou o firme compromiso do Executivo galego para seguir mellorando o día a día dos menores que se atopan nesta situación e impulsando iniciativas para o seu futuro.