A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión coa alcaldesa de Tomiño

Pontevedra, 25 de novembro de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión de traballo coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Trátase da primeira xuntanza oficial entre a conselleira M. Allegue e a rexedora pontevedresa.

Este encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, celebrouse nun clima de cordialidade entre ambas administracións, que abordaron asuntos relativos ao acceso á vivenda.

Nesta reunión tamén trataron actuacións no eido das infraestruturas, de interese para o citado municipio, emprazándose a futuros encontros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/11/2024