Belén do Campo celebra con todo o equipo de HM Hospitais o décimo aniversario da súa chegada a Galicia

A Coruña, 2 de decembro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu á celebración do 10º Aniversario da chegada de HM Hospitais a Galicia, organizada polo equipo de HM Hospitais que tivo lugar na Coruña. A delegada trasladou ao seu equipo directivo que “desde a Xunta de Galicia, entendemos a importancia de traballar xuntos para garantir unha sanidade de calidade, accesible e centrada nas persoas”. Neste sentido, apuntou que “institucións como HM Hospitais, grupo de referencia nacional cos seus 5 hospitais na nosa Comunidade Autónoma, son aliados imprescindibles, achegando innovación, excelencia e un enfoque humano que fortalece o sistema sanitario”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/12/2024