Rueda salienta o papel do Real Instituto Elcano como líder en estudos internacionais e estratéxicos

O responsable do Executivo autonómico mantivo un encontro co presidente desta fundación, José Juan Ruiz, no que abordaron temas de interese para ambas organizacións

Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co presidente do Real Instituto Elcano, José Juan Ruiz, no que avaliaron diferentes temas de interese para ambas organizacións.

No encontro, no que tamén participou a directora de Desenvolvemento Corporativo da entidade, Eva Garrido, púxose de relevo o papel da fundación, líder en estudos internacionais e estratéxicos, e un centro de pensamento de referencia a nivel europeo e internacional.

O Real Instituto Elcano ten como misión contribuír á elaboración de respostas innovadoras, sólidas, inclusivas e informadas sobre os retos globais e a súa gobernanza, e sobre o papel de España no mundo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/12/2024