Román Rodríguez agradece o traballo dos 28 centros integrados en prol da excelencia da FP galega

Pontevedra, 12 de decembro de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse hoxe cos responsables dos 28 centros integrados de FP de toda Galicia, aos que agradeceu o seu traballo en prol da excelencia da FP galega. No transcurso do encontro, celebrado no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, o titular do departamento educativo da Xunta puxo en valor o labor destes centros, que son líderes en innovación na FP, dado que a súa alta especialización nas distintas familias profesionais permítelles estar á vangarda nos seus respectivos sectores.

Román Rodríguez destacou tamén o gran crecemento desta rede nos últimos anos, que triplicou o seu número en 15 anos. “Esta evolución xoga un papel fundamental na revolución experimentada pola FP galega nos últimos anos ata chegar ao modelo actual, con récord de matriculados, 68.823 alumnos, e cunha inserción laboral de 86%, mesmo do 100% en ata 25 ciclos”, afirmou o conselleiro. Así mesmo, lembrou que o 48,6% do alumnado da FP galega está matriculado nalgún dos centros integrados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/12/2024