Os conselleiros de Presidencia e Facenda visitan o Belén de Bribes, en Cambre
2024-12-15
/documents/35297/1539592/20241215BelenViventeBribes1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Cambre (A Coruña), 15 de decembro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitaron esta mañá na horta do mosteiro de Bribes, en Cambre, o Belén vivente que cada ano organiza a asociación de veciños O Cruceiro e que conta con apoio da Fundación Venancio Salcines. Na iniciativa participan centos de veciños e veciñas que recrean o portal e os oficios tradicionais.
Data de actualización: 15/12/2024