Rueda destaca o investimento de preto de 500 M€ en obras de mellora en centros educativos ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica

Anuncia a aprobación da segunda fase desta folla de ruta, cun investimento inicial de máis de 267 M€ para o período 2025/28, que se suman aos 230 M€ xa executados

Consolídase un investimento sen precedentes para un novo modelo de centros educativos, adaptados ao século XXI e máis respectuosos co ambiente

Está previsto construír novos centros e ampliar aqueles onde é necesario, ademais de acometer rehabilitacións integrais ou cambios de cuberta

Tamén actuacións de enerxías renovables e numerosas obras de mediana e pequena envergadura como instalación de ascensores ou renovación de aseos

Hoxe mesmo licítanse xa unha trintena de novas actuacións por máis de 15 M€, que se executarán grazas aos orzamentos de 2025

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2024

O titular do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, informou hoxe da aprobación por parte do Consello da Xunta da segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica, o que eleva a preto de 500 M€ o investimento en obras de mellora en centros educativos do Goberno galego ao abeiro desta folla de ruta. O investimento inicial para o período 2025-28 é de máis de 267 M€, que se suma aos 230 M€ executados entre 2021 e 2024 con intervencións “practicamente no 100 % dos centros”.

Tal e como explicou o presidente da Xunta, neste marco está previsto construír novos centros e ampliar aqueles onde é necesario, ademais de acometer rehabilitacións integrais ou cambios de cuberta. Tamén se executarán actuacións de enerxías renovables e numerosas obras de mediana e pequena envergadura como instalación de ascensores ou renovación de aseos, entre outros.

Hoxe mesmo a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP anticipa xa a licitación “por 15 M€ aproximadamente unha trintena de obras en centros educativos”, que se executarán grazas aos orzamentos de 2025 xa aprobados.

Modelo pioneiro

A segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica consolida un investimento sen precedentes nun dos parques inmobiliarios máis grandes da Xunta de Galicia, o dos centros educativos, integrado por arredor de 1.600 edificios.

Ao mesmo tempo avánzase cara a un novo modelo de centros de ensino, pioneiro, con instalacións adaptadas ás necesidades do ensino do século XXI, máis flexibles e versátiles. Apóstanse tamén por colexios e institutos máis respectuosos co ambiente desde o punto de vista do consumo enerxéticos e da súa integración na contorna.

Necesidades demográficas e formativas

Nesta segunda fase construiranse ou ampliaranse case medio cento de centros educativos, cun orzamento total de máis de 117 M€. Entre eles, Rueda destacou a construción de algúns como “o novo Colexio CEIP do Milladoiro ou o novo instituto IES Domingo Villar de Navia (Vigo) e o do Pereiro de Aguiar”. Nos últimos catro anos acometeuse a construción e ampliación de 30 centros, cun importe total de máis de 67 M€.

A creación de novos centros e as ampliacións non só dan resposta ás necesidades de incrementar prazas en determinados concellos con necesidades demográficas ou formativas, senón que tamén atenden ao crecemento da matrícula de FP nos últimos anos.

Neste sentido, están xa comprometidas ampliacións como aos dos centros integrados de FP CIFP Imaxe e Son e Paseo das Pontes e do Instituto IES Agra do Orzán, na Coruña; do CIFP Fraga do Eume (Pontedeume), do CIFP Ferrolterra, en Ferrol, e dos CIFP A Farixa e A Carballeira-Marcos Valcárcel, en Ourense. Tamén do IES Ramón María Aller Ulloa, en Lalín. Ademais, estase xa traballando nas reformas dos CIFP Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade, ambos en Vigo.

Avanzar na eficiencia enerxética

Por outra banda, están previstas 134 actuacións de rehabilitación de centros, co principal obxectivo de mellorar a súa eficiencia enerxética, cun investimento estimado de 89 M€. Trátase de obras que abranguen illamento térmico de fachadas, cambio de cubertas, renovación de fiestras ou colocación de luminarias led, entre outras. No período 2021-24 acometéronse 241 destas intervencións, cun importe de máis de 103 M€.

Así mesmo, seguirase avanzando en dotar os centros educativos de instalacións de enerxías renovables, intervencións cun investimento de máis de 5M€, incluíndo tanto instalacións fotovoltaicas como de biomasa. Na primeira fase do plan executáronse 81 destas actuacións, cun investimento de 6,7M€.

Ademais, achegaranse máis de 6 M€ para case unha vintena de melloras varias en centros de ensino, que se engaden ás 24 obras desta tipoloxía incluídas na primeira fase do plan, cun investimento de case 5,7 M€.

A estas grandes obras, máis de 200 intervencións, sumaranse outros preto de 50 M€ en actuacións de pequena e mediana envergadura, que adoitan concretarse ano a ano para executalas de xeito preferente no verán. O seu obxectivo é mellorar as instalacións dos centros e os seus servizos e inclúen traballos de pintura, melloras de accesibilidade ou reformas en patios, entre moitas outras. Nos últimos catro anos desenvolvéronse 2.273 destas obras cunha inxección de 46,8M€.

 Máis de 15 M€ no arranque

A segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica arranca xa hoxe coa licitación, por anticipado de gasto, dunha trintena de novas obras por máis de 15 M€. Estas actuacións contan xa con partidas suficientes consignadas nos orzamentos de 2025 e son as que se reflicten na seguinte táboa:

CONCELLO

CENTRO

TIPO DE ACTUACIÓN

IMPORTE

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Cambio de cuberta 

1.978.849,02 €

Carballo

IES Alfredo Brañas

Rehabilitación integral

1.774.748,77 €

Sada

CEIP Pedro Barrié de la Maza

Rehabilitación integral e reforma da instalación eléctrica

1.649.054,88 €

Teo

CEIP Plurilingüe A Igrexa-Calo

Rehabilitación integral

960.484,96 €

Betanzos

CEIP Francisco Vales Villamarín

Rehabilitación integral

910.027,25 €

Meira

CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz

Rehabilitación integral

908.685,81 €

Vilagarcía de Arousa

CEIP Plurilingüe Arealonga

 

Obras de ampliación

712.747,20 €

Vilanova de Arousa

CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión

Construción de cuberta e urbanización do patio

673.317,97 €

A Pobra de Trives

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

Cambio de cuberta 

632.822,28 €

Agolada

CEIP Plurilingüe de Agolada

Rehabilitación integral

631.919,09 €

Arbo

CEIP Antonio Carpintero

Cambio de cuberta e fiestras

514.669,65 €

Santiago de Compostela

Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)

Reforma

504.618,45 €

Mondoñedo

CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora

Cambio de cuberta do edificio principal

462.912,34 €

Chantada

CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo

Melloras de cuberta e cambio de fiestras

456.322,01 €

Xunqueira de Ambía

CEIP Padre Crespo

Ampliación e reforma interior parcial

362.853,63 €

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago

Cambio de cuberta dos talleres de madeira

352.982,24 €

Santiago de Compostela

IES A Pontepedriña

Cambio de cuberta 

316.902,05 €

Oroso

CEIP Plurilingüe de Sigüeiro

Cambio de cuberta

310.037,63 €

Sanxenxo

CEIP Plurilingüe de Portonovo

Instalación de ascensor

247.901,39€

Meaño

CEIP de Coirón-Dena

Cambio de cuberta, falsos teitos e luminarias

214.383,81 €

Marín

CEIP Plurilingüe de Sequelo-Marín

Instalación de ascensor

175.746,67 €

Vilanova de Arousa

CEIP Plurilingüe de San Roque

Reforma interior e cambio de fiestras

169.435,56 €

Vilagarcía de Arousa

IES O Carril

Instalación de ascensor

168.842,81 €

Monterrei

CRA de Monterrei (Escola de Vilaza)

Reforma estrutural

146.901,04 €

Ourense

CEIP de Prácticas da E.U. Form. Profes. EXB

Ampliación e renovación da cuberta do patio

130.310,95 €

Ribadeo

CIFP Porta da Auga

Cambio de cuberta e reforma interior da antiga vivenda do conserxe

125.272,89 €

Mos

CEIP de Atín-Cela

Instalación de ascensor

89.474,61 €

Foz

CEIP Fondo Nois

Instalación de ascensor

86.095,26 €

Ourense

CEIP Virxe de Covadonga

Instalación de ascensor

77.238,64 €

Xinzo de Limia

CEIP Carlos Casares

Instalación de ascensor

70.591,96 €

     

15.816.150,82 €

                                 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/12/2024