A residencia de maiores Torrente Ballester da Xunta despide por anticipado o ano
2024-12-30
/documents/35297/1563442/20241230FotoDXMaioresFindeAnoTorrenteBallester1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 30 de decembro de 2024
Persoas usuarias, familiares e persoal da residencia de maiores Torrente Ballester cumpriron coa tradición e despediron hoxe por anticipado o 2024 cunha gran festa de fin de ano.
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu ao evento e aproveitou para trasladar a todos os mellores desexos para o vindeiro ano. Pola súa banda, o director do centro, Constantino Piñeiro, insistiu en que a Xunta seguirá traballando para prestar uns coidados e unha atención de calidade ás persoas maiores.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 30/12/2024