O avance nas obras da avenida das Caldas da cidade de Ourense fai necesario pechala ao tráfico entre o 7 e o 17 de xaneiro

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2025

O avance nas obras da Avenida das Caldas, en Ourense, fan necesario pechala ao tráfico entre os vindeiros días 7 e 17 de xaneiro.

Trátase de continuar os traballos de demolición do firme anterior e aplicar o novo aglomerado completo, o que obrigará entre os citados días 7 e 17  ao corte do tráfico rodado nos dous tramos da Avenida das Caldas; o de arriba, a carón da Igrexa, e o de abaixo, onde está o Mercado.

En todo caso, facilitarase o acceso dos residentes aos garaxes e estará permitido o tráfico peonil nas dúas beirarrúas. Tamén estará libre o recorrido pola rúas Basilio Álvarez , Vicente Risco e a Avenida de Santiago por lo que se poderá circular arredor do Parque da Ponte.

As medidas adoptadas están consensuadas cos responsables do Concello, así como salvagardados os servizos esenciais da rúas afectadas.

Data de actualización: 05/01/2025