Unha vintena de centros de toda Galicia continuarán traballando co modelo de educación patrimonial Ponte... nas Ondas! recoñecido pola Unesco
A través deste programa promóvese a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial mediante espazos e accións para sensibilizar ás xeracións máis novas
O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público este modelo recoñecido polas Nacións Unidas
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2025
Un total de 19 centros educativos renovan este curso a súa participación do modelo de educación patrimonial Ponte... nas Ondas!, recoñecido en 2022 pola Unesco como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na infancia.
A través deste programa foméntase a implicación dos escolares nas súas propias tradicións e sensibilízase aos máis novos na importancia do patrimonio cultural inmaterial. Deste xeito, promóvese a transmisión ás novas xeracións ao tempo que seguir traballando en afianzar os lazos coa lusofonía e o vínculo con Portugal.
Os centros educativos participantes contan cunha serie de recursos e son recoñecidos como centros Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI). Participan nesta iniciativa os seguintes centros:
|
Provincia |
Concello |
Centro |
|
Coruña, A |
Ferrol |
IES de Catabois |
|
Coruña, A |
Muros |
IES Plurilingüe Fontexería |
|
Ourense |
Coles |
CPI Plurilingüe Antonio Faílde |
|
Ourense |
Pereiro de Aguiar, O |
CEIP Plurilingüe Ben- Cho-Shey |
|
Ourense |
San Cristovo de Cea |
CPI Virxe da Saleta |
|
Pontevedra |
Estrada, A |
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez |
|
Pontevedra |
Gondomar |
IES Plurilingüe Terra de Turonio |
|
Pontevedra |
Mos |
CEIP de Petelos |
|
Pontevedra |
Ponte Caldelas |
IES de Ponte Caldelas |
|
Pontevedra |
Ponteareas |
IES do Barral |
|
Pontevedra |
Pontevedra |
IES Luís Seoane |
|
Pontevedra |
Pontevedra |
IES Sánchez Cantón |
|
Pontevedra |
Salceda de Caselas |
CEP Altamira |
|
Pontevedra |
Salceda de Caselas |
IES Pedras Rubias |
|
Pontevedra |
Salvaterra de Miño |
CEP Carlos Casares |
|
Pontevedra |
Salvaterra de Miño |
IES de Salvaterra de Miño |
|
Pontevedra |
Tui |
IES Indalecio Pérez Tizón |
|
Pontevedra |
Vigo |
CEIP Plurilingüe Seis do Nadal |
|
Pontevedra |
Vigo |
EEI Vila Laura |
O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público este modelo recoñecido polas Nacións Unidas. Ponte... nas ondas! naceu da man da Asociación Cultural e Pedagóxica que leva o seu mesmo nome no ano 1995 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como fórmula para favorecer o estreitamento dos lazos entre a comunidade educativa das escolas do sur de Pontevedra e do Alto Minho co ámbito da lusofonía e para tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses.
A este obxectivo, en 2002 incorporouse o compromiso para a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial común para Galicia e Portugal. En 2022, o XVII Comité Intergubernamental da UNESCO aprobou a súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO como un modelo de referencia.