Manuel Pardo recibe á directiva do Liceo de Ourense e ratifica o apoio da Xunta para manter todo o tecido cultural e social que xira en torno a esta entidade
2025-01-07
/documents/35297/1572446/070125+Reuni%C3%B3n+directiva+Liceo+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 07 de xaneiro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial coa directiva do Liceo de Ourense, encabezada polo seu presidente, Javier Casares, que explicou o labor cultural e social que está a desenvolver esta entidade, tanto para o seus socios como para a sociedade ourensá en xeral.
Manuel Pardo ratificou o apoio do Goberno galego e a cooperación activa con esta institución centenaria co fin de posibilitar que todo o tecido cultural e social que xira en torno ao Liceo de Ourense se manteña e poidan seguir a desenvolver o seu traballo as entidades que alí teñen acollida.
Data de actualización: 07/01/2025