Os clubs de lectura escolares aumentan un 11% e chegan este curso a 458 colexios e institutos

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita o Colexio CEIP de Ardán, en Marín, que conta cunha ampla traxectoria neste programa 

Este ano sumáronse 47 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e gastos de funcionamento

Esta iniciativa contribúe a acadar os obxectivos do novo programa de mellora da competencia lectora do Goberno galego

Marín (Pontevedra), 17 de xaneiro de 2025

 Un total de 458 centros escolares, desenvolven  clubs de lectura nas súas bibliotecas durante este curso grazas ao apoio da Xunta, que destina un total de 400.000 euros a este programa. Isto supón un aumento do 11% tras a incorporación de 47 novos centros. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, subliñou hoxe que estes datos corroboran a “boa acollida” entre a comunidade educativa deste programa “que medra ano a ano”. De feito, esta iniciativa entronca cos obxectivos fixados no novo programa de mellora da competencia lectora do Goberno galego, a través do cal se fixa un tempo dedicado a lectura na aula, impúlsase a oratoria e o debate e promóvese o intercambio de boas prácticas neste eido.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP visitou esta mañá o Colexio de Ardán, en Marín, un dos 458 centros que xa teñen implantado o programa, onde puido comprobar de primeira man o gran dinamismo do seu Club de Lectura. Judith Fernández subliñou que a través deste programa  impúlsase unha “aprendizaxe multidisciplinar”, onde se consolidan os hábitos lectores, se fomentan as competencias básicas do alumnado como a comunicación lingüística social, cultural ou artística, así como o traballo en equipo e o diálogo interxeracional ao estaren abertos á participación das familias.

Datos por provincias

Por provincias, 171 dos centros integrados no programa son da Coruña (19 de nova incorporación este curso), 65 de Lugo (sete novos), 54 de Ourense (catro novos) e 168 de Pontevedra (17 novos). Cada un deles ten asignada unha contía de entre 500 e 1.230€, en función do tipo de centro e do proposta presentada, para destinar fundamentalmente á adquisición de libros para as actividades do club, que pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar, así como para gastos derivados do funcionamento do club.

Este programa, xunto co Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), Biblioteca Creativa, Radio na Biblio, Lectura e familias, Bibliotecas Escolares Solidarias e outras accións, enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe), a folla de ruta da Consellería de Educación neste campo.

Compartir experiencias

Poñer en marcha un club de lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de alumnado para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso.

Normalmente estes clubs de lectura -cuxo espazo natural son as bibliotecas escolares- vense enriquecidos polo emprego das tecnoloxías da información e a comunicación (que contribúen á lectura en diversos soportes, permiten introducir as narrativas transmedia e facilitan a difusión de actividades), así como pola participación de adultos da comunidade educativa que propician o intercambio de experiencias interxeracionais.

Ademais da dinamización a prol da lectura e ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida, os Clubs de Lectura tamén están concibidos como espazos de convivencia e de educación cidadá.

Centros de nova incorporación

Os 47 centros de nova incorporación este curso son os reflectidos na seguinte táboa:

CENTRO

CONCELLO

A CORUÑA

CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra

A Coruña

CEIP Raquel Camacho

A Coruña

IES de Pastoriza

Arteixo

CEIP Plurilingüe A Magdalena

As Pontes de García Rodríguez

IES Alfredo Brañas

Carballo

CEIP Plurilingüe de Gándara-Sofán

Carballo

IES Punta Candieira

Cedeira

CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro

Cerceda

CEIP Plurilingüe Os Casais

Fene

CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles

Ferrol

CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira

Ferrol

IES As Insuas

Muros

CEIP de Maciñeira

Neda

CEIP Plurilingüe O Coto

Negreira

CEIP Luís Seoane

Oleiros

CEIP de Portosín

Porto do Son

CIFP Coroso

Ribeira

CPI Pecalama

Tordoia

CEIP Ortigueira

Vedra

LUGO

CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño

Begonte

CEIP Menéndez Pelayo

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Lugo

CEIP Illa Verde

Lugo

CEE Infanta Elena

Monforte de Lemos

CEIP Plurilingüe A Gándara

Monforte de Lemos

CEIP Laverde Ruíz

Outeiro de Rei

OURENSE

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

A Pobra de Trives

IES Aquis Querquernis

Bande

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

Celanova

CEIP Rogelio Garcia Yáñez

Ramirás

PONTEVEDRA

CEIP San Tomé

Cambados

IES Ramón Cabanillas

Cambados

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán

Cangas

CEIP Plurilingüe San Xoán Bautista

Cerdedo-Cotobade

IES Mestre Landín

Marín

IES de Meaño

Meaño

CEIP de Abelendo

Moaña

CEIP de Atín-Cela

Mos

CEIP Plurilingüe de Conmeniño

O Grove

CEIP Plurilingüe de Atios

O Porriño

CEIP de Marcón

Pontevedra

IES Pedro Floriani

Redondela

CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda

Redondela

CEIP Vicente Risco

Vigo

CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo

Vigo

CEIP A Escardia

Vilagarcía de Arousa

CEIP de Viñagrande-Deiro

Vilanova de Arousa

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/01/2025