A Xunta participa no Congreso Internacional de Educación de Persoas Adultas ‘Caxato’ que se celebra en Galicia
2025-01-30
/documents/35297/1598428/20250130+DXMaioresCaxato.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou na inauguración do Congreso Internacional de Educación de Persoas Adultas Caxato, que se celebra en Galicia e no que participan institucións de varios países que realizan actividades formativas arredor do Camiño de Santiago.
Antón Acevedo destacou que a Xunta de Galicia mantén unha aposta firme pola formación das persoas maiores e lembrou que o Executivo galego colabora con diferentes asociacións e institucións educativas para achegar novos coñecementos ás persoas da terceira idade.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 30/01/2025