A delegada territorial da Xunta en Ferrol traslada á escudaría Siroco Narón o respaldo do Goberno galego ao rally Cidade de Narón
Ferrol, 14 de febreiro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro de traballo co presidente e vicepresidente da escudaría Siroco Narón, Antonio Sueiras e Ramiro Fandiño, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e seguir avanzando na colaboración con esta entidade deportiva.
A escudaría Siroco Narón encárgase cada ano da organización do rally Cidade de Narón, proba puntuable para a Copa de España de Rallys de Asfalto (CERA-RECALVI) e unha das citas de referencia en Galicia no mundo do automobilismo que a Xunta apoia este ano cun investimento de 20.000 euros.
O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.