Arias gaba o proxecto de expansión do Grupo Lence no Ceao baseado en estándares internacionais de sostibilidade

Lugo, 18 de febreiro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, gabou o compromiso do grupo Lence por “promover o desenvolvemento económico apoiándose en novos criterios de sostibilidade”. Arias coñeceu hoxe a “iniciativa pioneira” que a empresa lucense impulsa no polígono do Ceao, “que combina crecemento industrial, coidado ambiental e benestar social”, afirmou.

O grupo que preside Carmen Lence presentou hoxe un proxecto de expansión urbanística baseado nos estándares de sostibilidade internacional da certificación  BREEAM. Arias subliñou “o paso adiante que significa para a entidade, á que engade un novo valor, para O Ceao e para a economía lucense en xeral”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/02/2025