Lorenzana reúnese coas Confederacións de Empresarios de Galicia para informarlles da ampliación de capital de RDG

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada polo conselleiro delegado de Recursos de Galicia (RDG), Emilio Bruquetas, mantivo hoxe un encontro coas confederacións galegas de empresarios para detallarlles os detalles da operación de ampliación de capital que vai levar a cabo a sociedade.

Lorenzana explicou que o obxectivo é que esta operación sexa o máis aberta e pública posible, polo que o papel destas organizacións é clave á hora de trasladar ás empresas galegas como se vai acometer todo o proceso de ampliación de RDG.

Na xuntanza participaron os presidentes da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla; da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros; da Confederación de Empresarios de Ourense, David Martínez Alonso; e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/07/2026