Belén do Campo asiste á inauguración do novo Espazo Avenida de Abanca na cidade da Coruña
2025-02-20
/documents/35297/1618818/20250220_belen_abanca_+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 20 de febreiro de 2025
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á inauguración do novo Espazo Avenida de Abanca que tivo lugar esta tarde nas instalacións do antigo Cine Avenida para transformarse nun edificio corporativo que terá un marcado carácter de negocio.
Espazo Avenida é un edificio destinado á atención e xestión cos clientes. Ten dous usos principais: zona comercial e espazo destinado para equipos que dean soporte ás unidades comerciais. Na planta baixa contará cun flagship store do novo modelo de oficina de Abanca que reproduce o modelo comercial da entidade financeira.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 20/02/2025