Rueda lembra ao embaixador de Portugal en España a importancia da colaboración institucional para facer realidade o AVE Vigo-Oporto

O presidente da Xunta reuniuse co representante portugués con motivo do seu cambio de destino

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2025

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, lembrou ao embaixador de Portugal en España, João Mira – Gomes, a importancia da colaboración entre institucións para que o AVE Vigo-Oporto sexa unha realidade o antes posible.

Durante a recepción ao embaixador portugués con motivo do seu cambio de destino cara a Xenebra para impulsar a candidatura de Portugal ao Consello de Seguridade da ONU en 2026, o presidente da Xunta agradeceulle o seu traballo durante os últimos cinco anos ao fronte da embaixada en España.

Ademais, Rueda sinalou a necesidade de que o Goberno español e portugués traballen conxuntamente para abordar as necesidades de transporte da poboación galega e portuguesa, respondendo á ampla demanda social existente para construír unha infraestrutura estratéxica para Galicia e o norte de Portugal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/02/2025